lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Rescatado un enfermo de coronoavirus que caeu por unha fiestra do hospital de Monforte

Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
Trátase dun octoxenario veciño do Saviñao

Unha dotación de bombeiros do parque comarcal de Monforte conseguiu rescatar con vida a un paciente do hospital público da localidade que se caeu por unha fiestra. O home, de 89 anos de idade e veciño do Saviñao, precipitouse a un patio interior do recinto hospitalario, pero ao tratarse dun lugar de difícil acceso tiveron que acudir os bombeiros.

Unha vez rescatado, o paciente foi trasladado ao servizo de Urxencias do centro hospitalario para ser tratado das serias feridas que presentaba debido á caída. A pesar da aparatosidade do suceso, non se teme pola súa vida. Un teito acristalado do patio amorteceu a caída.

Ao lugar acudiron tamén patrullas das policías Nacional e Local. Trátase dun home que xa leva algúns días ingresado neste hospital afectado de coronavirus. É un dos seis pacientes que na actualidade están a ser atendidos por esta enfermidade no centro médico monfortino.

Rescatado un enfermo de coronoavirus que caeu por unha fiestra do...