viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Rescatada unha parella que se perdeu co seu coche no Courel

Os excursionistas quedaron atrapados nunha pista de Parada sen poder avanzar nin retroceder ao seguir o GPS

Unha parella tivo que ser rescatada este sábado a última hora da tarde polo Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES) de O Courel tras perderse co seu coche nunha pista da aldea de Parada. Quedaron atrapados na zona coñecida como Fonte Preta.

O 112 deu o aviso ao redor das 20.00 horas, cando xa caera a noite. Efectivos do GES do Courel, coñecedores do lugar, desprazáronse ata a contorna para proceder ao rescate da parella. Tamén se mobilizou á Garda Civil e ao GES de Quiroga, aínda que a intervención destes últimos non foi necesaria.

Os dous evacuados foron trasladados no propio vehículo dos GES en bo estado ata Paderne, o lugar onde se hospedan. Segundo relataron, o GPS do seu coche, un turismo do modelo A3, meteulles por un camiño que non coñecían e fíxolles quedar atrapados no medio dunha pista moi estreita, sen a posibilidade de avanzar nin retroceder.

O coche quedou no lugar. Este domingo intentarán sacalo para que a parella, chegada ao Courel desde outro punto de Galicia que non foi precisado, poida volver ao seu domicilio tras o susto.

Rescatada unha parella que se perdeu co seu coche no Courel