Na procura do avó lucense

Frank Domínguez, profesor nunha universidade de Estados Unidos, fixo unha importante busca para coñecer ao seu familiar. Coa axuda de Helena González aclarou detalles sobre Francisco Domínguez, de Carballedo e figura fundamental para o galeguismo en Lugo
Francisco Domínguez e a súa familia, á esquerda, e nun recorte do xornal Ecos de Galicia, que fala da viaxe escolar. BISAGRAS DE PAPEL
photo_camera Francisco Domínguez e a súa familia, á esquerda, e nun recorte do xornal Ecos de Galicia, que fala da viaxe escolar. BISAGRAS DE PAPEL

Frank Domínguez é un profesor universitario catedrático de Literatura Medieval que traballa nos Estados Unidos a quen delata o apelido. É un dos moitos descendentes de galegos afincados na outra beira do Atlántico. Naceu no 1945, só cinco anos antes de que o seu pai morrese e oito despois de que o seu avó pasase a mellor vida. Este chamábase Francisco Domínguez Mosquera. Era de Carballedo e a historia converteuno nunha figura absolutamente fundamental para o galeguismo en Lugo.

"Lo que sabía de Domínguez Mosquera era poco, pero nunca perdimos contacto con la familia de Galicia. Había primos hermanos de mi abuelo en Cuba, algunos familiares nos visitaron y mi madre, que nació en Lugo, mantenía las relaciones con los suyos", explica Frank Domínguez.

Aínda así, quixo chegar máis lonxe. O avó Francisco marchara de emigrante á Habana, onde fora un membro fundamental da colonia galega. Frank tamén coñecía que o seu ascendente fora integrante fundador en 1912 da Sociedad Chantada, Carballedo y sus comarcas, da que foi presidente, e que financiara a construción dunha estrada para conectar os lugares de San Paio e A Barrela, en Carballedo. Igualmente, grazas a el chegou a electricidade a moitos puntos e fundáronse escolas en diversos núcleos de poboación.

"Lo que desconocía, quizá porque todos callaban, y luego fui sabiendo poco a poco es que entre 1922 y 1936 viajó por lo menos ocho veces a España, donde se educó mi padre, creo que en Ourense", relata dende Estados Unidos Frank Domínguez.

O seu avó era un filántropo que tivo unha axitada traxectoria política. Como el mesmo describe, Domínguez Mosquera contribuíu á fundación do Partido Galeguista e presidiu o Sindicato Agrario de Carballedo. Pode que por iso o franquismo o puxera no seu foco. Entrou varias veces no cárcere ata que o seu amigo Alexandre Bóveda lle recomendou fuxir. En Cuba, exiliado, pasou os últimos meses da súa vida ata morrer no 1937.

"Creo que mi abuelo es una figura indispensable para la historia de Lugo y tiene que verse dentro del contexto de los muchos emigrados que retornaron y participaron en la política bajo la influencia de Basilio Álvarez", indica Frank. Baixo o seu punto de vista, o que diferenciaba a Domínguez Mosquera de figuras coma Fernández-Oxea, Picallo, Risco, Bóveda ou Otero Pedrayo foi "su interés en utilizar su fortuna a favor de Galicia".

Axuda. Na procura da historia de vida do seu avó, os camiños de Frank cruzáronse cos de Helena González, unha xenealoxista ourensá residente en Lugo que lle axudou a aclarar datos vitais de Francisco Domínguez Mosquera.

"Ha sido de gran ayuda para precisar fechas de nacimiento, matrimonio y muerte. También para comprobar que mi familia ha estado en Carballedo por lo menos desde el siglo XVIII. Como investigadora en geneaología es insuperable", indica Frank Domínguez.

Helena González fala con paixón da procura destes datos que contribúen a achegar a figura dun home que ela coincide en subliñar como de absoluta relevancia para a comarca. No seu blog persoal, chamado "Bisagras de papel", fala dun dos grandes fitos de Francisco Domínguez na súa etapa de volta a Carballedo, a grande excursión escolar patrocinada por el mesmo.En recortes e fotografías de xornais da época amósanse detalles desa fantástica viaxe que Helena González cre que puido servir para que moitos nenos de Carballedo coñecesen toda a comunidade e mesmo visen por primeira vez na súa vida o mar. Son documentos que axudan a dar forma á vida dunha persoa ilustre.

"Quiero ver lo que queda de la finca de mi abuelo"
Frank Domínguez vive moi lonxe de Chantada e Carballedo, pero coñece os dous municipios malia que queda pouca xente da súa familia en Galicia. As súas relacións de parentesco residen en Santiago e Lugo. Frank sinala que no futuro lle gustaría "ver lo que queda de la finca de mi abuelo, Los Piñones".
Figura pouco coñecida
Frank Domínguez lamenta a "preferencia entre los estudiosos por gente del mundo de las letras. El concepto de desarrollo de la historia de la región es parcial e insuficiente".

Comentarios