Primeiro fin de semana da praia fluvial da Cova

O areal do Saviñao estrea unha nova imaxe ao dividir a súa superficie en 48 parcelas
Playa da Cova, en O Saviñao.EP
photo_camera Praia da Cova, no Saviñao.EP

 O areal do río Miño no Saviñao estrea imaxe, dividida en 48 parcelas separadas por dous metros e pensadas para dúas persoas cada unha. A intensa calor fai que se achegaron a este importante punto turístico da Ribeira Sacra bastante xente, aínda que lonxe das aglomeracións que ven habitualmente en condicións normais.

Non só o areal recibiu bañistas. Tamén o embarcadoiro situado na contorna e están abertas as actividades acuáticas. Respecto das parcelas, dúas usuarias comentan que "todo é afacerse". Incluso unha engade que é "mellor así, pois cando non estaba parcelada a xente invadía o teu espazo. Así hai sitio dabondo e non te angustias".

Comentarios