Primeira inspectora xefe á fronte da Comisaría de Policía de Monforte

María Mónica Gutiérrez González, con 20 anos de experiencia, asume o mando esperando "garantir a seguridade e benestar dos monfortinos tendo en conta a situación actual"
María Mónica Gutiérrez, este lunes con el delegado del Gobierno. M.M. GUTIÉRREZ
photo_camera María Mónica Gutiérrez, onte co delegado do Goberno.

María Mónica Gutiérrez González é a primeira muller que asume o cargo de inspectora xefe na Comisaría Nacional de Policía (CNP) de Monforte. Gutiérrez asumiu o novo destino o 10 de xullo e estará á fronte de un equipo de 65 persoas.

Madrileña, de 48 anos, esta profesional conta co 20 anos de experiencia no Corpo Nacional de Policía. Provén da División de Formación e Perfeccionamento onde impartía formación en cursos de ascensos a mandos do CNP, así como en materias relacionadas con habilidades directivas e Ciencias Sociais, entre outras. Con anterioridade a esta etapa, estivo destinada na Oficina Nacional de Interpol (División de Cooperación Internacional) e na Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Comisaría Xeral de Policía Xudicial. O feito de formar parte da División de Formación da Policía Nacional asegura que lle proporcionou "a oportunidade de contactar con moitos compañeiros e unha gran bagaxe profesional. Nese sentido son unha privilexiada".

A nova inspectora engade que un dos seus principais obxectivos é "garantir a seguridade e benestar dos monfortinos tendo moi en conta a actual crise sanitaria" e espera que "a comisaría local poida ser un soporte para que axude ao progreso da zona". Gutiérrez asume a xefatura de Policía monfortina "con moita responsabilidade, ilusión e cun pouco de sorte nas expectativas que depositou na miña a dirección". Esta profesional está a adaptarse xa ao terreo desde o punto de vista operativo nunha profesión que lle obriga a estar "moi ao día de todo".

Comentarios