A presentadora Carlota Corredera, pregoeira da Feira do Viño de Quiroga

A cita celebrarase o 31 de marzo

Carlota Corredera, en una imagen promocional. MEDIASET
photo_camera Carlota Corredera, nunha imaxe promocional. MEDIASET

A presentadora de televisión Carlota Corredera será a encargada de ler o pregón da nova edición da Feira do Viño de Quiroga.

Así o anunciou a propia Corredera no programa Sálvame: "Gustaríame compartir convosco que vou facer algo que xa fixeron Kiko —Kiko Hernández—, Lydia —Lydia Lozano—, Paz Padilla e outros compañeiros de Telecinco; e é que o vindeiro sábado, 31 de marzo, vou estar en Quiroga porque vou ser a pregoeira da Feira do Viño".

A presentadora asegurou que lle fai "moita ilusión" abrir a festa e visitar unha zona "marabillosa" que aínda non coñece. "Grazas ao pobo de Quiroga por contar comigo", engadiu. 

Comentarios