As sete presas hidroeléctricas da comarca, ao 91,5% de capacidade

Cinco atópanse no curso do Sil e os dous restantes, as de maior envergadura, sitúanse no Miño á altura de Chantada
undefined
photo_camera Un veciño saca fotografías do aliviadero da presa de Belesar fai tres semanas. MIGUEL PIÑEIRO

As sete presas hidroeléctricas que hai nos ríos Miño e Sil ao seu paso pola Ribeira Sacra están, de media, ao 91,5% da súa capacidade de almacenamento. Hai cinco no curso do Sil, que xestiona Iberdrola; e dous no Miño, a cuxo cargo está Naturgy. Os datos son os mellores que se rexistran desde o ano 2019, cando un tren de borrascas encheran os encoros ata alcanzar un 85% estes encoros.

A maior presa de Galicia e unha das máis destacadas de España é a de Belesar (Miño). Onte estaba ao 86,58% da súa capacidade e iso logo de aliviar auga durante días a principios deste mes para non sufrir un colapso. Iso permitiu que o seu contrapresa, a de Os Peares, fose crecendo aos poucos ata atopase na xornada deste mércores ao 93,79 da súa capacidade de almacenamento.

No curso do río Sil ao seu paso por Quiroga, Ribas de Sil e Pantón hai cinco presas que xestiona Iberdrola, Tres delas son pequenas, como a de Sequeiros, Montefurado e San Martiño, pero que están repletas. A primeira está ao 97,77 da súa capacidade total; a segunda, ao 86,25%; e a terceira, ao 92,17%.

En canto ao encoro de Santo Estevo, fronte ao municipio de Pantón e cuxa cola chega ata Rairos, en Quiroga, os datos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil son dunha ocupación do 87,24%. O seu contrapresa, a de San Pedro, atópase ao 96,80%.

Vilasouto. O único encoro existente na zona non dedicado á produción de electricidade é o de Vilasouto. A súa función é o apoio ao abastecemento de auga de Monforte e a nutrir no verán ao sistema do regadío Val de Lemos.

Está ao 88,15% da súa capacidade, cando o pasado ano por estas datas a cifra era do 79,6 e en 2022, de só o 38,9%.

Comentarios