Martes. 22.01.2019 |
El tiempo
Martes. 22.01.2019
El tiempo

O PP de Monforte se enroca e só acepta a Julia Rodríguez como candidata

Julia Rodríguez, nun acto celebrado na sede do PP monfortino. AEP
Julia Rodríguez, nun acto celebrado na sede do PP monfortino. AEP

O comité electoral local desatende a opinión das direccións galega e provincial que apostaban por buscar outra cabeza de lista

O comité electoral do PP monfortino, creado fai 47 días para buscar un candidato á alcaldía que non fose o empresario Roberto Eireos, persoa do agrado tanto da dirección a nivel galego como provincial, hase enrocado e proposto a strong <>Julia Rodríguez Barreira como cabeza de lista ás eleccións municipais do próximo mes de maio.

A decisión foi trasladada con dous atraso sobre a data límite marcada polo partido ás instancias superiores da formación, que terán a última palabra nun asunto que abriu unha profunda crise no seo da agrupación.

Desde presidencia do PP de Lugo este venres limitáronse a sinalar que analizan o que cualificaron dunha situación "excepcional" á que esperan darlle solución "na maior brevidade posible".

O comité electoral do PP de Monforte emitiu un comunicado no que destaca o mantemento de múltiples "contactos co afán de dar cumprimento ao labor deste órgano, que non é outro que o de propor un candidato ás próximas eleccións municipais", á vez que apunta "a imparcialidade" nas súas actuacións.

O comité negou por activa e por pasiva ser unha comparsa de Rodríguez Barreira

Sobre isto último, na familia popular monfortina teñen outra visión, pois hai quen aclara que ese comité electoral está integrado case ao cen por cento por strong <>afíns a Julia Rodríguez e que incluso ela forma parte da súa estrutura.

O comité negou por activa e por pasiva ser unha comparsa de Rodríguez Barreira, á vez que bota man dos estatutos do PP para erixirse como único órgano capaz de designar á próximo cabeza de lista, sen ingerencias de instancias superiores.

POLO AIRE. Foi a presidenta local en funcións, portavoz municipal e parlamentaria autonómica a que fixo saltar polo aire o proxecto que manexaban os responsables do PP elixindo a Roberto Eireos como candidato á alcaldía.

Tras sinalar que se decatou pola prensa de que non se contaba coa súa concorrencia para a próxima cita electoral comezou a mover fichas para desbaratar os plans de Lugo, obrigando incluso a que a presidenta provincial, Elena; e o seu segundo, Juan Carlos Armesto, desprazásense ata a cidade do Cabe para intentar reconducir a situación e acougar os ánimos.

Foi cando se lles impuxo a ambos, botando man dos estatutos do partido, a creación dese comité electoral, á vez que Julia Rodríguez Barreira declaraba publicamente que agradecía que tanto Candia como Armesto "recoñeceran ou seu erro con esta actuación (por designar a Eireos) que puido danar as expectativas electorais do Partido Popular en Monforte".

Desde entón, tanto a presidenta como o secretario provincial mantiveron un perfil baixo nesta crise.

 

O PP de Monforte se enroca e só acepta a Julia Rodríguez como...
Comentarios