O PP chama irresponsable ao presidente da CHMS polo nivel de Belesar

O encoro atópase por baixo do 30% da súa capacidade
Elena Candia, en Chantada. EFE
photo_camera Elena Candia, en Chantada. EFE

A presidenta provincial do Partido Popular e deputada autonómica, Elena Candia, pediulle este martes ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, explicacións sobre o alarmante baixo nivel de auga no encoro de Belesar

Candia cualificou a Quiroga, presidente da CHMS e número dous de Gonzalo Caballero no PSDEG, como irresponsable, por permitir que nesta época do ano o nivel da presa sexa inferior ao 30% da súa capacidade. 

A presidenta do PP de Lugo fixo estas declaracións logo de comprobar en Chantada o baixo nivel da auga na presa de Belesar, acompañada por alcaldes e portavoces dos municipios afectados. 

En Chantada, Candia recordou que os encoros xestionados pola Xunta de Galicia están nestes momentos ao redor dun 65% da súa capacidade, polo que espera que o número dous de Gonzalo Caballero aclare e xustifique as circunstancias nas que se produciu o baleirado deste encoro. 

Así mesmo, recordou que a preocupación pola situación dos encoros da CHMS levou aos populares a pedir explicacións ao propio Goberno e á CHMS a través de diversas iniciativas no Parlamento de Galicia, o Congreso e o Senado

Comentarios