Os postos de venda ambulante regresarán este martes, 21 de xullo, á Rúa Xoán XXIII de Chantada, dentro da feira da localidade. Non estarán todos os habituais, pero si uns cantos.
A feira desenvolverase na Rúa Xoán XXIII e no Mercado Gandeiro, onde continuarán os postos de agroaliimentación e a venda de gando e de polbo.
O Concello de Chantada recorda que é obrigatorio manter a distancia se seguridade (1,5 metros) e o uso de máscara.