Pleno de negativos no últimos test realizados na Domus VI de Chantada

Unha médica que dera positivo e un usuario que deran positivo están xa recuperados
Porta dunha residencia DomusVi. SALVADOR SAS
photo_camera Porta dunha residencia DomusVi.SALVADOR SAS

Boas noticias na residencia Domus VI de Chantada. Nos últimos días realizáronse 285 probas de coronavirus entre usuarios e persoal do centro de maiores. Segundo confirmou a dirección, todas deron negativo.

Había certa preocupación entre os familiares de residentes polo positivo dunha médica e un usuario hai unhas semanas. A facultativa foi dada de alta e incorporouse ao seu traballo. O ineterno atópase aínda en illamento, pero ao facérselle a última proba deu tamén negativo.

Desde a dirección mostraron o seu agradecemento a Domus VI pola axuda e mostráronse encantados cos esperanzadores resultados. Así mesmo, recordaron que na residencia levan a cabo cada 72 horas labores de desinfección das instalacións.

A residencia de Chantada conta con 191 usuarios e 94 persoas en persoal.

Comentarios