Piden 4 anos de cárcere para un camelo que levaba cocaína no calzón en Monforte

O mozo portaba máis de tres gramos desta sustancia en varios envoltorios ocultos na roupa
Plaza de España de Monforte.AEP
photo_camera Praza de España de Monforte.AEP

O ministerio fiscal pide catro anos de cárcere para un mozo acusado dun suposto delito contra a saúde pública, por traficar con cocaína en Monforte de Lemos. O mozo foi interceptado na Praza de España por axentes da Policía Nacional cando levaba a droga escondida no interior dun calcetín tobillero oculto entre o bañador e o calzón.

Os feitos ocorreron o 4 de setembro de 2018, sobre as 23:50 horas, cando axentes da Policía Nacional apreciaron no mozo un comportamento estraño e déronlle o alto ao sospeitar de que estaba traficando con algún tipo de sustancia estupefaciente.

Segundo o escrito de acusación do ministerio público, o mozo foi trasladado a dependencias policiais, onde se realizou "unha primeira prospección" que permitiu localizar "un calcetín tobillero, entre o bañador e o calzón" do detido, en cuxo interior había cinco bolsiñas seladas con cocaína no seu interior.

Os axentes atoparon outras tres bolsiñas similares ocultas na "goma do seu bañador".

A sustancia que transportaba neses oito envoltorios sumaba 3,358 gramos de cocaína, cunha pureza do 75,58%, en total unhas 26 doses cun valor de 578 euros no mercado negro.

Ademais dos catro anos de cárcere, o fiscal pide para o acusado unha multa de 1.000 euros
O xuízo celebrouse esta mañá na Audiencia Provincial.