Piden 4 anos de cárcere a un home pola venda de drogas no Saviñao

Os axentes sorprendéronlle en plena transacción de cocaína, heroína e resina de cannabis
La Audiencia Provincial de Lugo, donde se confirmó el fallo. AEP
photo_camera A Audiencia Provincial de Lugo. AEP

Un home será xulgado a semana que vén na Audiencia Provincial acusado dun delito contra a saúde pública por strong <>vender drogas no Saviñao. A Fiscalía solicita para o implicado, cuxo nomee coincide coas iniciais MA.F.R., unha pena de catro anos de prisión e unha multa de 2.220 euros.

Os feitos ocorreron a madrugada do 5 de agosto de 2018, ás 2.15 horas, cando o home foi sorprendido no medio dunha transacción de heroína, cocaína e resina de cannabis. O presunto comprador, B.S.L. (non consta que fose destinar as sustancias a outro fin que o autoconsumo), entregara ao acusado un billete de 50 euros intervido xunto a unha pequena báscula dixital, recortes de strong <>unha bolsa de plástico azul e varias navallas.

A Fiscalía relata que a operación levaba a cabo nos baños públicos dun edificio. Segundo sostense no auto, MA.F.R. tratou de arroxar as drogas polo retrete ante a presenza policial. Un dos axentes recolleunas.

As sustancias foron enviadas á Unidade do Laboratorio da área de sanidade e política social da Coruña para ser pesadas e analizadas. Envolvidos en papel celofán había 12,709 gramos de resina de cannabis. Tamén se gardaban 0,562 gramos deste material en en un anaco de bolsa plástica.

Tanto a cocaína como  heroína atopábanse en bolsas termoselladas. Nunha había 0,065 gramos de cocaína cunha riqueza do 95,58% e noutra, 7,971 cunha riqueza do 73,77%. Na bolsa restante gardábanse 0,227 gramos de heroína cunha riqueza do 61,86%.

A Fiscalía engadiu que o acusado exerceu esta actividade ilícita "polo menos desde xullo de 2018 ao 5 de agosto" do mesmo ano. Presuntamente, obtiña as sustancias de persoas non identificadas e logo fornecíaas a terceiros.

O auto recolle que MA.F.R. foi condenado en 2015 por senllos delitos de roubo con forza, contra a seguridade viaria por condución temeraria e baixo os efectos de bebidas alcohólicas, resistencia ou desobediencia á autoridade e roubo con violencia ou intimidación.