viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Persoal e gasto corrente suman 11 de 13 millóns do orzamento de Monforte

José Tomei reparte documentación entre os seus compañeiros antes do inicio do pleno. L.A.R.
José Tomei reparte documentación entre os seus compañeiros antes do inicio do pleno. L.A.R.

O PSOE fixo valer a súa maioría absoluta para sacar o orzamento monfortino para este ano, "eminentemente social", segundo o alcalde

O equipo de goberno de Monforte, en mans dos socialistas liderados por José Tomé, sacaron adiante na tarde do mércores os orzamentos que rexerán o funcionamento da administración local para quédao de ano. O montante total ascende aos trece millóns de euros, pero deles, 4,4 van destinados ao pago dos salarios dos máis de 120 traballadores municipais. Así mesmo, o chamado gasto corrente e servizos, o custo que supón manter aberto todos os días un Concello, elévase a 6,6 millóns de euros. Estas dúas partidas suman, xa que logo, uns once millóns.

Intereses bancarios, préstamos e transaccións aparte, o orzamento complétase este ano cun capítulo de investimentos reais no que foron consignados 661.000 euros. Esta cifra non está pechada, pois a maior parte dos proxectos que se executen ao longo do ano contarán co apoio económico doutras administracións públicas, principalmente a Deputación de Lugo.

O alcalde sinalou que se tratan dunhas contas axustadas nas que predomina o seu compoñente "social".Destacou os incrementos na partida para axuda a domicilio para chegar a máis veciños e a que ten que ver coa pobreza enerxética, pero tamén as axudas que se lle conceden ás asociacións culturais, sociais, veciñais e deportivas que funcionan no municipio "para que manteñan a alta actividade que desenvolven ao longo do ano".

Os partidos da oposición non viron con estes mesmos ollos os orzamentos do equipo de goberno. O edil do BNG, Emilio Sánchez, cualificounos de "continuistas".

Maribel García, de Esperta Monforte, non quixo pronunciarse. Só tomou a palabra para destacar que a maioría absoluta do PSOE na corporación é máis que suficiente para que execute o que desexe e que, viño a dicir, todo o que criticase ou propuxese caería en saco roto.

O PP sinalou que son "unhas contas escuras, opacas", nas que se non se especifican os diferentes gastos co detalle suficiente. A portavoz do grupo, Katy Varela, dixo botar en falta unha partida para redactar o PXOM e investimentos dirixidos a actuacións nos parques da cidade e as súas parroquias e no "noso deteriorado centro urbano".

De igual xeito, o Grupo Municipal do Partido Popular durante a sesión lamentou que o proxecto de orzamentos de Tomei non valore a rebaixa tan "anhelada" do Ibi.

Persoal e gasto corrente suman 11 de 13 millóns do orzamento de...
comentarios