Exinguido o incendio de Quiroga con 148 hectáreas queimadas

O lume iniciouse ás 17.32 horas do pasado mércores na parroquia de Montefurado
Incendio en Montefurado. ATBRIF
photo_camera Incendio en Montefurado. ATBRIF

O incendio forestal que desde o pasado mércores afectaba o municipio lugués de Quiroga quedou extinguido ás 18.00 horas deste venres, 48 horas despois de iniciarse.

Diso informou a Consellería do Medio Rural, que sinala que as últimas estimacións cifran as hectáreas afectadas polas chamas en 148, das cales 64.25 son de monte arboledo e 83,8 de monte raso.

Nos labores de extinción participaron un técnico, 19 axentes, 46 brigadas, 24 motobombas, unha pa e medios aéreos.