Pedro Sánchez respalda a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

O presidente do Goberno reuniuse co presidente da Deputación, José Tomé, co gallo da celebración de Fitur
Fitur. EP
photo_camera Fitur. EP

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade foi o tema principal na reunión que mantiveron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no marco de Fitur. Segundo explican desde a Deputación, o presidente amosou o seu respaldo á que a Ribeira Sacra reciba o recoñecemento da Unesco.

Tomé visitou varios expositores na feira de turismo, nunha comitiva na que tamén estaban persoeiros como as ministras Carolina Darias e Reyes Maroto, o tamén ministro Luis Planas ou varios alcaldes da provincia de Lugo. 

A deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, acompañou a Tomé ata Fitur, onde ambos traballaron para promocionar a provincia "a través dun turismo de calidade, sostible e non masificado", indicaron desde o organismo provincial. 

Tomé e García Porto participaron tamén en actos organizados desde diferentes asociacións da provincia de Lugo. 

Tomé, en Fitur. EP

Comentarios