O Parlamento reclama unha partida do Goberno para restaurar a muralla de Monforte

Os traballos realizaranse entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova

Un tramo de la muralla de Monforte. TOÑO PARGA
photo_camera Un tramo da muralla de Monforte. TOÑO PARGA

O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa na que se insta á Xunta a dirixirse ao Goberno para a restauración da muralla de Monforte, en Lugo, entre a Torre da Homenaxe e a Porta Nova.

Tras unha iniciativa do PPdeG, demándase á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Enerxía e Turismo e a Turespaña para realizar esta petición. Para iso, empraza a que se dote unha partida económica específica nos próximos orzamentos do Estado.

Tamén se pide á Xunta que colabore economicamente e administrativamente co Concello de Monforte para garantir esta rehabilitación.

Comentarios