miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

A pandemia acaba con Queixos Maruxa, unha empresa familiar situada en Bóveda

Lacteos Xabelo
Productos de Lácteos Xabelo. FACEBOOK
O peche da hostalería e dos mercados mensuais da provincia propiciaron a crise 

A única queixería industrial de carácter familiar existente en Bóveda, en concreto situada na capitalidade municipal, fronte á antiga casa consistorial e coñecida como Maruxa, pechou as súas portas. A pandemia de covid-19 foi a principal culpable, pois os seus principais compradores, hostaleiros e vendedores ambulantes que acoden a mercados en diferentes puntos da provincia e incluso de Ourense, deixaron de adquirir os seus produtos ao non poder darlle saída. As fontes consultadas por este diario indicaron que elaboraban queixos de moi alta calidade, sobre todo un tipo teto, moi demandado polos consumidores.

Ante a situación de incerteza sobre o futuro da quesería marcado polo mercado e problemas económicos acumulados ao longo dos últimos anos, a empresa acolleuse a un concurso de acredores. O procedemento concluíu o 15 de novembro do ano pasado cunha declaración xudicial de extinción empresarial que se fixo oficial o pasado día 19.

Queixos Maruxa, que logo pasou a chamarse Xabelo e na que traballaban boa parte da familia do fundador da fábrica, continúan coa actividade noutros sectores, en concreto cunha firma compradora e comercializadora de leite e outra de transportes de lácteos.

A pandemia acaba con Queixos Maruxa, unha empresa familiar situada...
comentarios