martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

O pavillón municipal de Chantada acollerá o partido entre o Ensino e o Zaragoza

Marina Lizarazu conduce una contra del Ensino el pasado domingo en el Pazo. XESÚS PONTE
Marina Lizarazu conduce una contra del Ensino en el Pazo. XESÚS PONTE
Doutra banda, o Ucoga Seguros CB Chantada confirmou a fichaxe do xogador andorrano Aarón Guzmán

O pavillón municipal de Chantada acollerá o próximo 5 de decembro, ás 12.15 horas, un partido da Liga Endesa feminina. Será o que enfronte ao Ensino Lugo e ao Casademont Zaragoza, que se disputará na vila do río Asma grazas ao convenio entre o Ucoga Seguros CB Chantada e o club lucense de baloncesto.

A directiva do Ucoga Seguros mostrouse encantada de que o seu feudo vaia ser escenario dun encontro de elite. Ademais, desde o club consideran que é un impulso ao baloncesto feminino no municipio.

Doutra banda, o Ucoga Seguros CB Chantada confirmou a fichaxe do xogador andorrano Aarón Guzmán. Trátase dun pivote de 2.01 metros de altura e 23 anos que procede do CD Udea Alxeciras, equipo que milita en LEB Prata.

Aarón Guzmán. EP

Guzmán é internacional pola selección de Andorra e o ano pasado, antes de fichar polo club andaluz, fixo a pretemporada co Morabanc Andorra, da ACB.

O pavillón municipal de Chantada acollerá o partido entre o Ensino...
comentarios