Outra sentenza avala ao Concello no seu plan para facer o parque do Hospital

José Tomé afirma que o carácter social que ten a iniciativa primou sobre outros intereses
Espacio cercano al hospital comarcal en el que se crearán la zona verde y los aparcamientos. TITO CORTIÑAS
photo_camera Espacio cercano al hospital comarcal en el que se crearán la zona verde y los aparcamientos. TITO CORTIÑAS

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou que o Xulgado Contencioso-Administrativo número dous de Lugo fallou a favor do Concello en relación co recurso interposto pola empresa Gas Monforte S.L. contra a resolución do pleno municipal do 28 de outubro de 2019, que declarou de utilidade pública e interese social a parcela desta empresa co fin de destinala á construción dun novo parque e zona de aparcadoiro.

Esta última sentenza xudicial engádese á ditaminada polo Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en setembro de 2021, que tamén fallou a favor da administración local cando declarou a urxente ocupación, a efectos de expropiación forzosa, dos terreos para a construción do citado parque.

Neste sentido, o rexedor monfortino mostrou a súa satisfacción por esta nova resolución favorable ao Concello, "vai ao fondo da cuestión, pois dános a razón non que é a declaración de utilidade pública e interese social dos terreos do futuro parque do barrio do Hospital, que suporá unha mellora moi significativa para esta zona da cidade ao dotala de novos espazos destinados ao lecer e esparcemento, así como dunhas 60 prazas de aparcamento".

Ademais, José Tomé recordou que o pasado mes de febreiro o Consello Consultivo de Galicia tamén deu a razón ao Concello na rescisión do contrato das obras deste parque polo incumprimento contractual da empresa á que se lle adxudicaron os traballos.

Tomé destacou a alta cantidade de persoas de toda a Ribeira Sacra que acoden a este barrio pola necesidade de pasar consulta no centro sanitario. Pacientes que se achegan na práctica totalidade dos casos en vehículos particulares e que se atopan co problema de non dispor dun espazo onde deixar o seu coche a pesar do alto número de prazas existentes no recinto do hospital. Este problema, destacou o alcalde, levou ao Concello a proxectar unha nova zona de aparcadoiro.

Comentarios