Óscar López, ratificado como presidente do Lemos

O dirixente renovou o seu mandato por outros catro anos nunha asemblea celebrada no Círculo Vitoria
 
Óscar López, presidente del Lemos. AEP
photo_camera Óscar López, presidente do Lemos. AEP

Os socios do Lemos ratificaron como presidente a Óscar López, que renova o seu mandato por catro anos máis. Así o decidiron na asemblea celebrada este domingo pola mañá no Círculo Vitoria, na que participou unha vintena de persoas.

Óscar López estará acompañado na xunta directiva por José Antonio Mougán (vicepresidente), César Casanova (secretario), José Antonio Díaz (tesoureiro), Roberto González (director deportivo) e os vogais José Luís Campos, Milucho e Mayte Gonda.

Os dirixentes falaron do novo proxecto deportivo, co adestrador Alberto López á fronte, e avanzou que está semana anunciaranse movementos en forma de renovacións e fichaxes.

Comentarios