A operadora Rede Aberta pretende solucionar a falta de telefonía e internet no Courel

Movistar deixou sen conexión decenas de veciños
Una mujer recibe un mensaje en su móvil.FIRMBEE
photo_camera Unha muller consulta o seu móbil mentres utiliza un ordenador. FIRMBEE

A operadora neutra en instalación de redes de telefonía e internet por fibra óptica Rede Aberta interesouse polo problema que padecen decenas de veciños no Courel despois de que Movistar os deixase sen conexión e sen ningún tipo de opción para poder volver conectarse.

Un dos responsables desta firma, Pere Atentas, avanzou que este luns estarían no Courel varios técnicos para avaliar a situación. Indicou que, se existen postes nos que se poidan apoiar para despregar a súa rede, nun mes podería estar lista a infraestrutura.

Rede Aberta traballa coa firma chantadesa A Túa Xanela, especialista en dar cobertura de telefonía e internet ao medio rural galego. Esta empresa logrou nun ano dar servizo a 4.500 persoas que viven no rural. Grazas ao despregamento da súa rede xunto a Rede Aberta, A Túa Xanela conta con tendas ou puntos de distribución en Chantada, Taboada, Allariz, Xinzo de Limia, Arzúa, Cee, Vimianzo, Negreira, Caldas de Reis, Mugardos, Monterroso e Sarria.

comentarios