domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Obxectivo: París 2024

Jairo Salgueiro (primeiro pola esquerda) é campión de España sub-20 en salto de lonxitude e cen metros lisos. EP
Jairo Salgueiro (primeiro pola esquerda) é campión de España sub-20 en salto de lonxitude e cen metros lisos. EP

O monfortino Jairo Salgueiro soña cos Xogos Paralímpicos tras proclamarse campión nacional en salto de lonxitude e 100 metros lisos

Jairo Salgueiro ten o mesmo soño que a maioría das promesas do deporte paralímpico español da súa idade, chegar aos Xogos de París de 2024. El mesmo admite que é "o máximo" ao que pode aspirar un deportista. Os soños non teñen límites, aínda que para logralos é necesario un duro traballo previo e, por suposto, bos resultados.

Os de Jairo son moi positivos desde hai tempo. Os seus dous últimos éxitos chegaron en Segovia, onde competiu no campionato de España sub-20 organizado pola Federación Española de Deportes para Cegos. O deportista monfortino subiu ao máis alto do podio en salto de lonxitude e cen metros lisos.

Na primeira destas disciplinas bateu ademais a súa mellor marca persoal. Jairo saltou na cidade castelá cinco metros e 97 centímetros. Ata ese momento, o seu rexistro máis destacado atopábase en cinco con 80.

En cen metros lisos tampouco tivo rival. O deportista monfortino parou o cronómetro en 12,35 segundos.

Estes logros serviranlle para representar a España no próximo Mundial. Do 1 ao 4 de agosto acudirá coa selección sub-20 a Suíza. Antes, en xullo, concentrarase unha semana e media co equipo Liberty de promesas paralímpicas.

TRAXECTORIA. Jairo Salgueiro milita actualmente no Escola Atlética Lucense, pero adestra durante a semana na Coruña co club Riazor da man do adestrador Julio Santiago. Polas mañás acode á facultade onde estuda Inef e xa entrada a tarde exercítase durante dúas horas. O campo de Elviña e o pavillón de Riazor son os lugares nos que Jairo trata de labrar o seu gran soño. París 2024 é aínda, como el mesmo recoñece, un obxectivo "moi a longo prazo".

Obxectivo: París 2024
Comentarios