Obama pide un viño da Ribeira Sacra para o Cume da Economía

O expresidente de Estado Unidos coñeceu o caldo Peza do Rei hai tres anos en Washington e namorouse do seu sabor

César Enríquez, en Washington. AEP (vino, Ribeira Sacra, Obama)
photo_camera César Enríquez, en Washington. AEP

O expresidente de Estados Unidos Barack Obama brindará en España co viño Peza do Rei 2017, un tinto mozo da adega Adega Cachín da denominación de orixe Ribeira Sacra, cando participe este venres no Cume da Innovación Tecnolóxica e a Economía Circular que se celebrará en Madrid.

Esta non será a primeira vez que Obama brinde con Peza do Rei. Todo comezou hai tres anos, cando un grupo americano de importadores visitou a Ribeira Sacra para coñecer os seus viños. quedaron moi sorprendidos co tipo de cultivo en terrazas, a orografía do terreo con pendentes moi acusadas e coa calidade e personalidade dos viños.

Tras uns anos exportando con éxito a Estados Unidos, os importadores lograron introducir o viño de Adega Cachín na cea de gala do Congressional Hispanic Caucus de Washington, unha cita de carácter benéfico que reúne á elite empresarial, política e económica de Estados Unidos e á que acode sempre o presidente de Estados Unidos. Obama tivo a oportunidade de probar o viño nesa cita durante tres anos consecutivos e agora, que visita Madrid, pediu brindar de novo cun Ribeira Sacra.

Para Cesar Enríquez, propietario da adega Cachín, "poder estar neste tipo de eventos confirma que o noso produto ten os niveis de calidade suficientes para competir nos mercados e mesas máis esixentes".

Engadiu que se é difícil obter un bo viño, "vendelo é igual de complicado debido á enorme competencia que hai".

Adega Cachín naceu fai 28 anos na Ribeira Sacra. Actualmente produce unhas 60.000 botellas ao ano, das que 15.000 son de tres variedades de branco comúns na zona, outras 5.000 son de tinto que envellece doce meses en barrica de carballo, e o resto, ao redor de 40.000 botellas, do tinto mozo que se serviu na cea de gala do Congressional Hispanic Caucus de Washington. Ademais deste recoñecemento, Enríquez obtivo moitos outros.

Comentarios