O chantadino Amancio López continúa coa expansión do Grupo Hotusa por España

A cadea hostaleira reforza a súa aposta por Andalucía coa apertura de 3 novos hoteis para a cadea Euro

Amancio López Seijás. AEP
photo_camera Amancio López Seijás. AEP

O chantadino Amancio López Seijas, presidente do Grupo Hotusa, continúa expandindo o seu negocio por toda España.

Eurostars Hotel Company, a área hostaleira de Grupo Hotusa, reforza a súa firme aposta por Andalucía coa apertura de 3 novos hoteis: o Eurostars Azahar 4* situado en Córdoba e os granadinos Eurostars Catedral 4* e Eurostars Porta Real 4* (antigo Hotel Juan Miguel). Con estas tres incorporacións, a cadea suma un total de 28 establecementos distribuídos entre as provincias de Sevilla, Granada, Málaga, Cádiz, Huelva e Córdoba.

A este respecto, o presidente de Grupo Hotusa, Amancio López, sinala que “como xa indiquei recentemente durante a festa de inauguración do Eurostars Torre Sevilla 5*, non é casualidade que Andalucía sexa a comunidade española onde a nosa área hostaleira posúe maior presenza. E é que, en directa relación coa forza da súa historia, as súas cidades posúen unha especial singularidade, unha forte identidade e un elemento diferenciador, que ofrecen a quen as visitan, xa sexa por traballo ou por pracer, un universo de posibilidades”.

Comentarios