Mantense o peche en Casa Macán tras unha nova inspección

Sanidade alega que constata que seguen os incumprimentos
Vista parcial de la factoría de Casa Macán, ubicada en el municipio de Taboada. AEP
photo_camera Vista parcial de la factoría de Casa Macán, ubicada en el municipio de Taboada. AEP

Unha nova inspección realizada este venres por técnicos da Consellería de Sanidade na empresa láctea Casa Macán constatou que "non están arranxados todos os incumprimentos detectados". Polo tanto, mantense a paralización cautelar da produción desta queixería de Taboada,  segundo informou a Europa Press o departamento autonómico logo de levar a cabo este segundo control a requirimento do titular. 

No primeiro, realizado a pasada semana, Sanidade detectou "graves incumprimentos nas condicións estruturais de limpeza e mantemento" en Casa Macán, o que derivou esta semana nunha alerta para a retirada dos seus produtos e a suspensión da produción. Esta situación débese a problemas "operacionais" e de "hixiene dos procesos".

Unha problemática que se identifica con "incumprimentos" no almacenamento de materias primas e ingredientes de forma que non se pode garantir a inocuidad dos mesmos e temperaturas inadecuadas en distintas fases da produción. A isto únese "a ausencia de protección dos produtos de focos de contaminación en todas as fases de cadea de produción e ausencia de garantías de trazabilidade de procesos". 

Despois de coñecerse a alerta sanitaria, o director xeral de Casa Macán, Eladio Rigueira, defendeu que "non hai ningún produto contaminado" nin "risco alimentario".

PROHIBICIÓN. A prohibición da venda afecta a todos os lotes de produtos desta compañía, como a manteiga cocida de vaca, os queixos das DO Arzúa Ulloa, Tetilla e Arzúa Ulloa curado. Tamén o queixo de barra Costeño e queixo galego en rebandas. 

Así, recoméndase aos cidadáns que teñan estes produtos que non os consuman e os devolvan aos puntos de compra. Os lácteos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela A Mancha. 

Comentarios