Quiroga estala polo estado "terceiromundista" da N-120

O alcalde pide a Fomento que interveña xa ante a alarmante deterioración da estrada
Mejora en un tramo de la N-120. AEP
photo_camera Mellora nun tramo da N-120 este ano. AEP

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, envioulle unha dura carta ao Ministerio de Fomento relativa ao estado no que se atopa o firme da estrada Nacional 120 entre o límite coa provincia de Ourense e o municipio de A Pobra do Brollón, uns 45 quilómetros de percorrido que o rexedor di que se atopa salpicados de fochancas e con tramos co asfalto tan deteriorado que utilizou o adxectivo "terceiromundista" para cualificar a esta estrada.

Julio Álvarez acompañou a súa queixa e á vez reclamación para que se proceda ao arranxo do firme da N-120 cun álbum de fotografías. Recordoulle ao Ministerio de Fomento que esta situación se prolonga desde hai meses sen que se fixo nada para emendala.

Así mesmo, advirte de que a entrada do inverno, a época de choivas e xeadas, a deterioración da calzada irá a máis, "sendo moi perigoso para os usuarios transitar por ela, tal e como sabemos polas numerosas queixas que a diario se presentan no Concello".

O rexedor quirogués non perdeu a oportunidade para recordarlle a Fomento que por Quiroga pasa o Camiño de Inverno de peregrinación a Santiago, que o municipio forma parte do xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel e que a N-120 é porta de acceso por estrada desde a Meseta ao territorio que en 2021 será Patrimonio da Humanidade, a Ribeira Sacra.

Con estes argumentos, pero sobre todo co da necesidade de garantir a seguridade viaria, o que considera máis importante para previr accidentes, o alcalde de Quiroga solicita e á vez roga ao Ministerio de Fomento que interveña canto antes para acondicionar o firme da N-120.

Álvarez engadiu na súa misiva que espera recibir algunha resposta por parte das autoridades competentes, lamentándose de non recibir ningunha ás cartas enviadas con anterioridade no mesmo sentido e en varias ocasións < strong>Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, organismo dependente de Fomento.

Este Ministerio procedeu a principios deste ano ao reasfaltado de varios pequenos tramos da N-120 ao seu paso polo municipio da Pobra do Brollón, pero o plan de mellora quedou conxelado.

A Nacional 120 é o principal acceso a Galicia desde a Meseta no inverno. O tráfico pesado con destino A Coruña e Vigo utilízaa para evitar a neve que se acumula na A-6 e na A-52. Mostra do uso da estrada e o seu desgaste é, para os especialistas, o elevado tránsito de camións, sobre todo entre a localidade leonesa de Ponferrada e Ourense. 

Comentarios