Unha muller ferida nun aparatoso accidente de tráfico en Sober

O sinistro tivo lugar na estrada que une a capital municipal con Monforte

Accidente TOÑO PARGA
photo_camera O lugar do accidente. TOÑO PARGA

Unha muller foi trasladada ao hospital de Monforte tras sufrir un aparatoso accidente na estrada que une a cidade do Cabe con Sober.

Por causas que se descoñecen, o vehículo que conducía saíuse da calzada e envorcou sobre a canle seca dun regato.

A vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Monforte.