O acusado de agredir a súa muller en Monforte e ela negan que houbese violencia de xénero

O avogado que representa a ambos asegura que a muller non sufriu lesións
Comisaría de la Policía Nacional de Monforte. GOOGLE MAPS
photo_camera Comisaría da Policía Nacional de Monforte. GOOGLE MAPS

O avogado monfortino Iván Torres representa tanto ao acusado de agredir o pasado martes á súa muller como a esta. Sobre o sucedido indicou que hai varias cuestións que matizar. Unha delas, di, é que o home non chegou a pegarlle á súa parella, non resultando lesionada en ningún momento pola acción do seu marido.

Engadiu que o monfortino residente nunha vivenda do barrio dos Chaos está a tratamento médico para conseguir "estabilidade emocional" e que ese día "non tomou as pastillas prescritas", por iso é polo que se puxe algo violento.

Torres engadiu que foi a súa muller a que intentou acougalo e que esta non chamou á Policía Nacional en ningún momento, convencida de que podía tranquilizalo. De feito foi un veciño o que deu a voz de alarma.

Polo que respecta á denuncia de atentado á autoridade e ás lesións sufridas por tres policías, Iván Torres sinalou que no parte de lesións dise que os axentes notaron un ruído nas costas cando o reduciron e esposaron para detelo, sufrindo unha especie de lumbalxia.