Movistar leva fibra óptica a 12 novos núcleos do municipiode Pantón

Un total de 89 vivendas máis poderán gozar do servizo
fibra óptica
photo_camera A fibra óptica chega a núcleos de Pantón. AEP

Movistar anunciou que despregou a súa fibra óptica en doce núcleos de poboación do municipio de Pantón, o que permitiu que 89 vivendas dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación.

Estas casas, dixeron desde Movistar, súmanse ás 19 que xa estaban conectadas nos últimos meses, o que supón máis do 65% de todas as unidades inmobiliarias de Pantón.

Os novos núcleos con cobertura de FTTH de Movistar son A Lavandeira, A Torre, Ferreiroá, Sabaraz, A Lama do Río, A Cal, Vilaxilde, A Casanova, A Capa, Os Ramos, Fontao e A Quinta. Os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a internet en varios dispositivos (ordenador, tablet ou móbil) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes.

Ademais, se o usuario dispón de MovistarPlus+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.

Mentres novos veciños de Pantón benefícianse da fibra óptica, noutros lugares, como Quiroga ou O Courel, tanto os seus residentes como os propios rexedores locais mostraron o seu malestar polo servizo de Movistar.

comentarios