Morre un veciño de Carballedo ao saírse da vía co seu coche e caer a un regato

Todo apunta a que o falecido, que era unha persoa moi coñecida na zona, pereceu por afogamento
El coche accidentado en el siniestro mortal de Carballedo. EP
photo_camera El coche accidentado en el siniestro mortal de Carballedo. EP

Un veciño do municipio de Carballedo perdeu a vida este xoves pola mañá tras perder o control do vehículo que conducía, en concreto un cuadriciclo, saírse da estrada e acabar nun regato. O suceso tivo lugar entre O Alto das Lamas, onde residía o falecido, e o lugar da Tolda.

Todo apunta a que o home, de nome José Luís, pereceu por afogamento. Era unha persoa moi coñecida en Carballedo ao traballar no serradoiro de San Martiño durante anos.

Comentarios