Morre o taboadés Segundo Vázquez Portomeñe, impulsor do primeiro Plan Xacobeo

Compaxinou o seu labor de docente en Santiago con responsabilidades na Xunta de Galicia

Segundo Vázquez Portomeñe. AEP
photo_camera Segundo Vázquez Portomeñe. AEP

O taboadés Segundo Vázquez Portomeñe, coordinador de La Gran Obra de los Caminos de Santiago faleceu este xoves en Taboada, o seu municipio natal.

Licenciado en Filsofía e Ciencias da Educación, combinou o seu labor de docente en Santiago, coas súas responsabilidades na Xunta de Galicia onde foi un dos principais impulsores do primeiro Plan Xacobeo. Unha causa á que dedicou a súa vida e pola que percorreu decenas de países en busca de información.

Mañá venres será enterrado ás 16.00 no cemiterio de Taboada, onde residía.
 

Comentarios