Os monfortinos Álex Camba e Laura Álvarez, convocados por España para o Mundial

Ela debutará nun campionato do mundo e el afrontará a súa terceira participación nunha cita como esta, que se disputará online

Laura Álvarez. EP
photo_camera Laura Álvarez. ARQUIVO

A selección española de taekwondo convocou aos deportistas do club monfortino Neka Laura Álvarez e Álex Camba para o campionato do mundo, que vai disputarse online debido á pandemia de coronavirus.

Para Laura Álvarez, en categoría cadete, será a súa estrea nun Mundial, mentres que Álex Camba, xa en idade sénior, afrontará a súa terceira cita deste tipo, aínda que participará por primeira vez por individual.

O adestrador do Neka, José María Veiga, sinalou que esta convocatoria é "un éxito brutal", pois Monforte "non é precisamente grande e agora respéctana en Galicia e en España".