Un monfortino resulta ferido grave tras ser atropelado na Rúa Cardenal

A vítima foi atendida por unha médica sobre o asfalto e trasladada en ambulancia ao hospital comarcal

Accidente en Monforte. TOÑO PARGA
photo_camera Accidente en Monforte. TOÑO PARGA

Ferido grave un monfortino arroiado por un vehículo no tramo aberto ao trafico da Rúa Cardenal de Monforte. O sinistro ocorreu sobre as 14.30 horas nas inmediacións do paso de peóns que hai á altura do banco BBVA cando o home saíu á Calzada e un vehículo conducido por unha veciña da cidade alcanzouno.

A vítima foi atendida por unha médica sobre o asfalto e trasladada en ambulancia ao hospital comarcal. Investígase se o nome cruzou polo paso de peóns ou polas proximidades e se o semáforo estaba en vermello ou verde.

A condutora viaxaba coa súa filla pequena no coche e ambas saíron ilesas.