Un monfortino aparece morto no río Cabe á altura da Pinguela

O home, de 69 anos, non presentaba signos de violencia
m-rio
photo_camera Río Cabe á altura da Pinguela. AEP

Un veciño de Monforte de 69 anos apareceu morto á primeira hora da mañá deste martes no río Cabe á altura do barrio da Pinguela. Foi unha persoa que percorría a vía peonil que une o parque dos Condes con esta barriada e logo se prolonga ata Piñeira quen avisou os servizos de urxencia tras ver un corpo flotando na canle.

Dirixíronse ao lugar do suceso axentes das policías Nacional e Local, así como os bombeiros do corpo comarcal, que se encargaron de sacar da auga o corpo sen vida do monfortino.

Non presentaba signos de violencia, polo que todo apunta a un accidente.

Comentarios