miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Unha monfortina axuda a dar voz ao Amazonas nunha localidade de Perú

Fátima Dourado (terceira pola esquerda), cuns veciños. AMAZONDAS
Fátima Dourado (terceira pola esquerda), cuns veciños. AMAZONDAS
A xornalista Fátima Doado dirixe un proxecto para dotar de radio a Santa Clara do Ojeal  Os veciños participaron en talleres de formación e o seguinte paso é montar un estudo

Fai xa un par de meses que a nova xornalista monfortina Fátima Donado deixou atrás o seu traballo en Madrid -exercía a súa profesión na produtora de Ana Pastor- para embarcarse nunha exótica aventura no Amazonas. A súa misión, dotar a unha pequena poboación de Perú, Santa Clara do Ojeal, dunha radio para emitir contidos locais.

Fátima chamou a este proxecto AmazOndas e os primeiros resultados comezaron a verse. O primeiro paso foi reunirse cos veciños dun pobo moi illado (o único modo de chegar á cidade máis próxima é en bote a través do río Amazonas), sen auga potable e con só tres horas de electricidade ao día fornecida por un motor.

"Gustaríanos perder o medo a falar. ¿Podes ensinarnos a iso?", dixéronlle nas primeiras tomas de contacto. Por aí comezou Fátima. Os primeiros talleres serviron para "coñecernos, espertar o oído e así empezar, aos poucos, a explorar o xornalismo e a radio, pero tamén a comunicación, a curiosidade e as emocións".

Desde Perú, Fátima Donado conta que os habitantes de Santa Clara fóronse unindo a estes talleres "mentres compatibilizan os seus traballos diarios e o coidado dos seus fillos e fillas". A xornalista organizou sesións de locución para aprender a modular "a voz e a non quedarnos sen respiración" e outras de expresión emocional co obxectivo de perder "a vergoña e sacar todas as emocións que temos dentro".

Os nenos teñen as súas propias actividades. O fin é axudarlles "a que descubran os sons da súa contorna de forma diferente e escoiten as súas voces por primeira vez

Finalmente chegou o momento do taller práctico, realizado grazas ás gravadoras enviadas a Santa Clara do Ojeal nun mototaxi dirixido a Proxecto Iquitos, que colabora coa iniciativa de Fátima. Antes de usalas, os veciños debían escoller un tema local para elaborar unha reportaxe. "Escoitar as propostas de cada un foi apaixonante", asegura Fátima Donado, quen di sentirse "orgullosa de tomar a decisión de embarcarme nesta aventura".

Os temas. As tallas de árbores, a contaminación do río Amazonas e as poucas posibilidades de tirar os residuos que se xeran en cada fogar, as plantas medicinais existentes na selva, a elaboración e fermentación da bebida masato ou as catro igrexas de diferentes relixións que hai no pobo son algúns das reportaxes nos que xa traballan os habitantes de Santa Clara.

Os nenos teñen as súas propias actividades. O fin é axudarlles "a que descubran os sons da súa contorna de forma diferente e escoiten as súas voces por primeira vez".

Fátima avanza que o seguinte paso será "a construción do estudo de radio de AmazOndas". Para iso, o pobo decidiu ceder un inmoble en desuso que debe ser sometido a reformas.

Unha monfortina axuda a dar voz ao Amazonas nunha localidade de Perú
Comentarios