Monforte volcase para conseguir todo o material de protección posible

Crecen as entregas de medios ao hospital comarcal desde o Concello, veciños e empresas
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Barracón cedido para a realización do test desde o coche

A obtención de materiais de protección, ou Epis, contra o Covid-19 supón unha importante dose de preocupación para as autoridades sanitarias. En Monforte houbo nos últimos días numerosas iniciativas para reforzar ao persoal do hospital comarcal e a todos os colectivos que, en maior ou menor medida, estean expostos ao contaxio.

Unha das doazóns máis rechamantes protagonizouna unha empresa monfortina de subministracións que cedeu ao complexo hospitalario un barracón de obra. A súa función é servir de espazo para que os pacientes poidan facerse as probas de Covid-19 desde o seu propio vehículo.

"Non queremos facer publicidade con esta situación. Todo ou que sexa bo para a nosa comarca será bo para nós, así que aí estaremos para botar unha man non que faga falta", sinalou o propietario.

Desde a dirección do hospital comarcal explicaron que se puxeron en contacto con esta empresa para alugar unha caseta, onde ademais pode gardarse o material necesario para os tests. "Quixemos alugalo, pero eles preferiron doalo e a verdade é que llo agradecemos", indicou o xerente do centro, Iván Sanz.

No barracón traballan unha persoa de enfermería e outra realizando traballos de auxiliar. O interior está composto por dous despachos e un cuarto de baño e a instalación complétase cunha visera baixo a que se colocan os coches. Leva funcionando, dixo Iván Sanz, desde a semana pasada e neste tempo realizáronse máis dun centenar de probas derivadas desde atención primaria, o 061 ou o número de teléfono habilitado polo Sergas exclusivamente para atender consultas de coronavirus.


Unha empresa de subministracións doou un barracón de obra para facer as probas de coronavirus desde o coche

Sumouse á causa coa entrega ao hospital comarcal de 82 buzos de protección nos dous últimos días. A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, encargouse de levar as primeiras 50 unidades. "Era unha demanda que coñeciamos e nos facían desde ou equipo de Urxencias", indicou.

O Concello anunciou onte o envío doutros 32 buzos ao hospital comarcal, aínda que non foi a única entrega feita desde a administración municipal, que informou dunha dotación de material ao persoal da empresa Fepas, encargada do servizo de axuda a domicilio. Enviáronse á súa sede da Rúa Teceláns 60 batas desechables, 100 máscaras e 15 pantallas protectoras.

O goberno local monfortino subliñou igualmente a colaboración da empresa Confecciones Elper, propiedade do saviñao José Luís Losada Pérez. Monforte recibiu un total de 240 máscaras elaboradas por este negocio.

Tamén tivo unha gran relevancia o traballo do profesor do instituto A Pinguela José Piñeiro Vázquez, que aproveita o confinamento para elaborar máscaras cunha impresora 3D. Os produtos entregáronse ao hospital comarcal, a residencia ou a Policía Xudicial. O docente seguirá co seu labor para que o Concello dispoña de máis máscaras.

Comentarios