Monforte e Sober despiden á mestra e poetisa Sara Cao Varela

A profesora faleceu aos 98 anos

Sara Cao. EP
photo_camera Sara Cao. EP

Monforte e Sober despiden este mércores a Sara Cao Varela, mestra de profesión e coñecida tamén pola súa traxectoria como poetisa.    

A saída da comitiva fúnebre será ás 17.30 do tanatorio Raúl e o funeral oficiarase a continuación na igrexa da Régoa.

Sara Cao, que faleceu aos 98 anos, foi mestra nos colexios de Lobios e A Carqueixa (Sober) e nos monfortinos de Sacro Corazón e San Antonio. Precusora dos poetas da comarca escribiu máis de 7.000 poemas que publicou ao longo da súa vida en varios libros.