lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

Monforte prorroga por 10 anos a concesión da recollida de lixo a FCC

José Tomé, no centro. CONCELLO
José Tomé, no centro. CONCELLO
O Concello valora que se manteñen e incluso incrementan os postos de traballo e que se incorporan "melloras" para o servizo

O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou este sábado a decisión tomada polo equipo de goberno de prorrogar por 10 anos o contrato coa empresa FCC para o servizo municipal de recollida de lixo e limpeza viaria. 

Segundo o rexedor, esta decisión fundaméntase no mantemento, e incluso incremento, de postos de traballo por parte da empresa; en que o servizo se vén prestando de forma "satisfactoria", e en que se conseguiron "unhas melloras importantes para o servizo tanto na zona urbana como no medio rural". 

O contrato actual termina a súa vixencia o 8 de setembro e, no seu artigo 5, establece a posibilidade de prórrogas por tres períodos de cinco anos, aínda que, para renovar o conxunto da flota, establece que ese período deberá ser de 10 anos. Esta é a opción elixida. 

Segundo establece o vixente contrato, a empresa FCC fixo un investimento inicial de 1,6 millóns de euros no municipio. Coa renovación e coas melloras contempladas, o investimento pasa a ser de 1,73 millóns

De todos os vehículos que conforman a flota a día de hoxe, soamente se van conservar os de transporte de cubos e o furgón de mantemento, valorados en 107.120 euros, dado que a súa vida útil é moito máis longa que a dos demais. 

Entre as melloras conseguidas, o alcalde destacou que todos os demais vehículos e materiais seran renovados, incluíndo os colectores do rural e da periferia, e tamén os cubos que se retiran cada día na zona máis urbana. 

Monforte prorroga por 10 anos a concesión da recollida de lixo a FCC
comentarios