martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Monforte prepárase para un San Valentín de ofertas comerciais

A feira de oportunidades de Monforte atrae sempre numeroso público. AEP
A feira de oportunidades de Monforte atrae sempre numeroso público. AEP
O Centro Comercial Urbano organiza unha atractiva campaña con sorteos para as primeiras semanas de febreiro e anuncia a celebración dunha nova edición da súa feira de oportunidades de inverno

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte empezou con moita forza o ano 2020. As primeiras campañas para animar os veciños a comprar nos negocios asociados da cidade do Cabe están en marcha e veñen da man de importantes ofertas, desas que invitan a apostar polo comercio local.

A primeira delas é a de San Valentín. O coñecido como o Día dos Namorados será sinónimo en Monforte de entrar no sorteo de varios premios. É moi sinxelo participar. O único que hai que facer é comprar en calquera dos negocios asociados, sacar co móbil unha foto ao billete e subila á dirección de internet www.ccumonforte.com/sanvalentín, onde haberá que deixar un nome e un teléfono de contacto.

Esta oferta estará dispoñible entre o 1 e o 11 de febreiro. O día seguinte a que finalice o prazo realizarase o sorteo. As persoas que entren no mesmo terán a opción de gañar unha cea, unha degustación de cócteles ou copas, un almorzo na cafetería Mon Come y Sueña ou unha sesión de peiteado e maquillaxe.

A oferta para participar no sorteo estará dispoñible entre o 1 e o 11 de febreiro

Mon Come y Sueña é un dos establecementos asociados ao que os clientes poderán acudir en caso de resultar agraciados no sorteo. Tamén se atopan nesta lista os restaurantes O Grelo e Manuel Bistró, o hotel Cardenal, o Centro do Viño, as perruquerías Princes's, Bolboreta e Glamour e os bares Awa, Cantón de Bailén e Cristal.

Esta campaña de San Valentín estrea un 2020 que promete estar cargado de ofertas comerciais interesantes en Monforte. Non será a única que se celebre o mes que vén. Unha actividade xa consolidada despedirá febreiro e dará a benvida a marzo.

MÚLTIPLES PRODUTOS. Para finalizar a tempada de outono-inverno e atopar bos produtos a prezos reducidos, o CCU organiza cada ano a Feira de Oportunidades. Hai dúas, a segunda celébrase no verán. O escenario sempre é a Praza de Abastos de Monforte.

Este evento adoita recibir unha boa cantidade de público atraído pola enorme variedade de produtos que poden adquirir a un custo máis que razoable. Haberá desde calzado ou roupa para nenos e adultos a artigos de decoración, mercería ou puericultura.

Xa están pechadas as datas. O CCU programou a primeira Feira de Oportunidades deste ano para o sábado 29 de febreiro e o domingo 1 de marzo. O primeiro destes días, as ofertas poderán adquirirse entre as 10.00 e as 13.30 e as 17.00 e as 20.30 horas. No segundo, a mostra abrirá as súas portas de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas.

O CCU programou a primeira Feira de Oportunidades deste ano para o 29 de febreiro e o 1 de marzo

PROMOCIÓN. O inicio de 2020 trae consigo outra importante oferta para os negocios asociados ao CCU de Monforte. Por medio dun convenio con este diario, os comerciantes que así o desexen terán a oportunidade de promocionar os seus negocios ou servizos a través dunha reportaxe coma esta que sairá publicada cada luns en El Progreso.

A páxina, completa e exclusiva para a promoción da empresa, non se lerá só na edición impresa deste xornal. Tamén estará dispoñible no páxina web e nos distintos soportes dixitais dispoñibles, para axudar a unha maior difusión dos contidos que desexe incluír cada propietario que queira valerse desta posibilidade.

O CCU segue, ademais, en marcha coa súa campaña para captar novos socios e ampliar a súa lista. Actualmente, a cifra de negocios que forman parte do colectivo comercial rolda os 150.

Máis datos 
Prezo. Formar parte do CCU de Monforte custa un total de dez euros ao mes. O Centro Comercial Urbano cobra dúas cotas semestrais de 60 euros. 

Filosofía. A mentalidade do CCU é potenciar e enxalzar as vantaxes dos negocios locais, como a proximidade e a familiaridad co cliente ou un bo asesoramento. 

Contacto. O CCU ten dispoñible a súa páxina web, o teléfono 982.40.47.67 ou a dirección de correo electrónico [email protected] A súa sede está no número un da Rúa Zapaterías.

Monforte prepárase para un San Valentín de ofertas comerciais
comentarios