Monforte acollerá a preestrea da nova película de Dani de la Torre

A cinta, rodada na Ribeira Sacra, chegará aos cines en 2022, pero poderá verse unha proxección na capital monfortina o próximo 19 de novembro
Dani de la Torre, cos protagonistas de 'Live is life' (AEP)
photo_camera Dani de la Torre, con los protagonistas de 'Live is life'. (AEP)

Monforte acollerá a preestrea de Live is life, a nova película de Dani de la Torre. A pesar de que a chegada aos cines aprazouse ata 2022, a cinta chegará á localidade monfortina o 19 de novembro, segundo confirmou o propio director en declaracións a Onda Cero. 

A preestrea da película en Monforte forma parte dun acordo entre a produtora e a Deputación, que forma parte das entidades que financiaron a película. 

A película, que está rodada na Ribeira Sacra, supuxo un cambio de dirección para Dani da Torre, máis habituado aos thrillerLive is life é unha película de aventuras de tinguiduras nostálxicas, xa que a acción transcorre nun pobo galego de mediados dos anos 80.

Comentarios