Monforte acende o Nadal a ritmo de batucada

Máis dun millón de luces led iluminarán a cidade ata o domingo 7 de xaneiro
photo_camera O acto de acendido tivo lugar na tarde deste venres na Rúa Cardeal.

Máis dun millón de luces led iluminan desde este venres Monforte. O acto de aceso tivo lugar na Rúa Cardeal, onde se congregaron decenas de veciños. Os máis pequenos viviron con especial ilusión este acto, que estivo amenizado pola batucada Baturruka Monforte.

Para a iluminación do Nadal da cidade, o Concello destinou unha partida de 52.000 euros, 2.000 máis que en 2022. É, subliñou o rexedor local, José Tomé, o investimento "máis alto da historia deste Concello".

A iluminación apagarase o domingo 7 de xaneiro, tras 38 días en funcionamento.

Comentarios