O mildiu ameaza con levar por diante parte da colleita da Ribeira Sacra

O tempo extremadamente caloroso dos últimos días favorece a aparición deste fungo
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Unha muller, na vendima. ARQUIVO

O tempo extremadamente caloroso que se rexistrou na comarca durante os últimos días provocou un “caldo de cultivo perfecto” para a proliferación de fungos como o mildiu, que xa afectou a un número importante de viñas no territorio amparado pola denominación de orixe Ribeira Sacra e ameaza con provocar unha “baixa importante” na colleita deste ano.

O presidente do consello regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, explicou que “esta calor nunha época do ano na que non é habitual” está a provocar que incluso as “noites sexan cálidas” e haxa “unhas orballadas grandes” polas mañás, o que é un “caldo de cultivo perfecto para fungos como o mildiu”.

A consecuencia desas condicións climáticas, xa houbo ataques importantes” deste fungo en varias zonas da denominación de orixe.

Ademais, as variedades preferentes “son máis sensibles”, o que obriga aos viticultores a tratalo “aos poucos” e, aínda así, “ameaza con provocar unha baixa importante” na colleita deste ano.

“Cando chegas ás viñas pola mañá, as cepas están empapadas, coma se chovese, por mor da evaporación, e ese é un ambiente idílico para fungos como o mildiu”, precisou.

Rodríguez tamén aclarou que non todas as subzonas da denominación están afectadas de igual modo, dado que “a afectación é menor nos lugares máis secos, con maior pendente e circulación do aire, e máis intensa en lugares con maior humidade”. 

Máis en Ribeira Sacra
Comentarios