Miguel García Granados anuncia a súa marcha do CB Chantada

O estremeño deixa o club tras catro tempadas e media
Miguel García Granados. AEP
photo_camera Miguel García adj\>. AEP

Miguel García Granados, xogador estremeño do Ucoga Seguros CB Chantada, abandona a disciplina do club logo de catro tempadas e media. O deportista confirmou a súa marcha a través dun comunicado emitido no seu propio perfil de Facebook no que agradece o tempo pasado en Chantada.

Granados, natural de Plasencia, é un xogador moi querido na vila da Asma. Compaxinaba o baloncesto co seu traballo de técnico de ambulancias e fíxose un oco entre os veciños como un chantadino máis.

Comentarios