O mesón Lucus álzase con dous dos catro premios do Chantapas

O concurso de tapeo durou dúas fins de semana cunha gran afluencia de público, segundo os organizadores
Los miembros del jurado Chantapas. CCA
photo_camera Os membros do xurado Chantapas. CCA

O xurado profesional e o popular foi claro á hora de cualificar a mellor proposta gastronómica do Chantapas 2019 na que participaron doce establecementos hostaleiros da vila da Asma. O galardón á mellor tapa tradicional foi para o mesón Lucus, que tamén levou o recoñecemento de todos aqueles veciños e visitantes que acudiron á cita e encheron coa súa opinión as cartillas de votación que se puña á súa disposición.

O Lucus alzouse coa medalla de ouro, como indiscutible vencedor, grazas á súa pataca rechea de osobuco de tenreira galega estofada no seu mollo acompañada de pastel de grelos con pataca.

No resto das categorías, a cafetería Larpeiriña levou a máxima distinción á tapa vegana, mentres que a de maridaxe con viño da Ribeira Sacra foi para o establecemento Santa Ana.

A responsable da asociación de empresarios de hostalería de Lugo na zona sur da provincia, Beatriz Vila Freire, formou parte do xurado profesional. Indicou que leva anos colaborando co Chantapas e que notou unha gran evolución na cociña, "nas propostas que fan os participantes. Falo do gran esforzo que realizan para dar o mellor de si. O seu traballo é realmente incomiable".

Beatriz Vila subliñou a aposta dos participantes polo uso nos seus pratos dos produtos da comarca, "da nosa terra, ben tratados para que se note a súa excelencia, é algo que, creo, obriga á xente a saír á rúa e gozar, tal e como sucedeu durante as dúas últimos fins de semana que se celebrou o Chantapas, de doce pequenos bocados realmente exquisitos".

OUTRA XORNADA.. A asociación de empresarios de hostalería celebra en Monforte ata final de mes a xornada gastronómica O Tablazo, en concreto desde o xoves ao domingo.

Por medio desta iniciativa, cada establecemento hostaleiro ofrece unha botella de viño novo da denominación de orixe Ribeira Sacra acompañada dunha ración ou unha táboa de embutidos a 14 euros.

Comentarios