Medio Ambiente denuncia ante Fiscalía a morte dun can por un disparo en Sober

Colectivos animalistas cren que o suposto autor fuxiu a Rusia

Imagen de un perro. PIXABAY
photo_camera Imaxe dun can. PIXABAY

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en concreto a Xefatura Provincial de Medio Ambiente, presentou unha denuncia en Fiscalía pola morte dun can no municipio lucense de Sober comoconsecuencia do disparo que recibiu na boca por parte dun individuo que, supostamente, marchou do país.

Fontes da propia Xunta de Galicia precisaron que Medio Ambiente trasladou información sobre o sucedido á Fiscalía, unha vez que recibiu informe do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil.

Colectivos animalistas, como a Fundación Franz Weber ou a Asociación Animalista Libera iniciaron, segundo explicou a Efe o seu portavoz, Rubén Pérez, "unha campaña de presión pública" para que "o sistema xudicial español" poña en marcha os mecanismos necesarios para que o autor dun acto tan cruel compareza ante a Xustiza, tendo en conta de que estamos ante un posible delito de malos tratos animais co resultado de morte.

De feito, sostén que o autor do disparo enfrontaríase a unha pena de ata 18 meses de prisión e a inhabilitación para ter animais durante catro anos.

Os colectivos animalistas piden a emisión da que "probablemente sería a primeira orde de busca e captura contra unha persoa sospeitosa de cometer un acto de malos tratos animais co resultado de morte", en relación co caso do can que sufriu un disparo na boca e que tivo que ser "eutanasiado por mor da gravidade das súas feridas".

Ambas as organizacións informaron de que o suposto autor do disparo "fuxiu a un país estranxeiro" e sospéitase que podería acharse "en Rusia".

Comentarios