En marcha a campaña de vacinación canina no concello de Sober

O prezo da vacina contra a rabia é de 15 euros e a implantación de microchip e un pasaporte oficial asociado costa 33
CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v80), quality = 75
photo_camera Un can recibe unha vacina. EFE

A campaña anual de vacinación contra a rabia, identificación e desparasitación canina está xa en marcha no concello de Sober. As persoas interesadas deben poñerse en contacto co veterinario encargado, Xosé Tomé, no número de teléfono 689.10.35.94.

Hai diferentes prezos. Poñer a vacina contra a rabia custa 15 euros, mentres que o pago pola implantación do microchip e o pasaporte oficial asociado, o que se coñece como cartilla, ascende a 33. Por outras vacinas ou trámites hai que preguntar ao veterinario.

A campaña arrincou este xoves nas parroquias de Canaval, Vilaescura, Rosende e Millán. O luns poderá vacinarse aos cans de Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán; o martes, aos de Santo Estevo e San Martiño de Anllo; o mércores, aos de Fuigueiroá, Bolmente e Barantes e o venres, aos de Santiorxo, Pinol e Lobios.

O 1 de xuño continuará a campaña en Gundivós. O día 2, esta trasladarase a Amandi e Doade; o día 4, a Neiras; e o día 5 acabará o percorrido en Bulso e Santa Cruz.

A vacinación farase casa por casa para evitar a concentración de cans e en horario de mañá. Para solicitar o servizo, os veciños deben chamar o mesmo día que o veterinario vaia á parroquia onde vivan. Os que xa están a vacinar os seus cans co profesional encargado do percorrido son visitados regularmente outras épocas do ano.

Comentarios