martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

O mal estado da Rúa Cardeal causa moitas caídas de xente maior

Maiores, de paseo pola Rúa Cardeal de Monforte
Maiores, de paseo pola Rúa Cardeal de Monforte

Dúas persoas foron trasladadas o martes ao hospital, accidentes que os comerciantes din que ocorren case a diario

O tramo peonil da céntrica Rúa Cardeal de Monforte converteuse nunha especie de trampa para os veciños de maior idade. O mal estado do seu pavimento, con laxas de granito descolocadas ou a distinto nivel, constitúe o escenario perfecto para que as persoas cunha mobilidade reducida tropecen e acaben cos seus ósos no chan.

O ocorreu dúas veces nun pequeno espazo de tempo, de forma case simultánea, ao comezo da rúa. Pasaban uns minutos das once da mañá cando foi requirida unha ambulancia do servizo do 061 para trasladar ao hospital a un home que tras tropezar e caer sufriu unha importante brecha na cabeza.

Nada máis ser evacuado ocorría outro incidente similar a escasos metros, volvendo requirirse a presenza doutra ambulancia na zona. Os comerciantes da Rúa Cardeal sinalan que, "por desgraza, falamos de algo habitual, cunha media, sen esaxerar nada, de dúas caídas de persoas maiores á semana". Mentres, o Concello leva a cabo reparacións puntuais co fin de evitar estes sucesos, pero non dá posto freo aos mesmos, xa que o mal estado do tramo peonil da Rúa Cardeal remóntase ao ano 1995, cando o alcalde Nazario Pin había denunciado á empresa construtora polas deficiencias detectadas tras facer o traballo.

O mal estado da Rúa Cardeal causa moitas caídas de xente maior
Comentarios