Europa Press

Luz verde ao convenio para a posta en marcha do pacto pola paisaxe da Ribeira Sacra

A Xunta, a Fegamp e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra colaborarán nun plan estratéxico cun fondo de 550.000 millóns de euros
La vendimia arranca en la Ribeira Sacra. ELISEO TRIGO (Efe)
photo_camera Unha panorámica dos canóns do Sil. ELISEO TRIGO (Efe)

O Consello da Xunta deu este xoves luz verde ao convenio para a posta en marcha do pacto pola paisaxe da Ribeira Sacra, co que se pretende desenvolver accións para protexer, xestionar e ordenar esta comarca que abarca municipios das provincias de Ourense e Lugo.

O convenio involucra á Administración autonómica, Fegamp e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, entidade representada por 21 concellos, segundo informa a Xunta nun comunicado.

O plan de acción estratéxico para esta área declarada de especial interese estará financiado na súa totalidade con fondos autonómicos e contará cun orzamento de 550.000 euros para os próximos tres exercicios.

Entre as medidas que inclúe esta acción está a elaboración de murais e esgrafiados, obras de mellora en núcleos de gran interese arquitectónico, a delimitación de itinerarios, a organización de eventos culturais ou a posta en marcha dunha mostra itinerante sobre a Ribeira Sacra que percorrerá Galcia.

Comentarios