lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Lucía Pérez será a pregoeira das festas de Monforte

Lucía Pérez. AEP
Lucía Pérez. AEP
O alcalde insiste en que se lle encargou o seu papel por ser "unha persoa moi querida polos monfortinos"

A cantante do Incio Lucía Pérez será este ano a encargada de dar o pregón das festas patronais de Monforte, un acto que está previsto para o día 11 de agosto no Campo de San Antonio. O alcalde, o socialista José Tomé Roca, insistiu en que "Lucía é a persoa ideal para poñer o broche de ouro aos pregóns dunhas festas patronais porque é moi querida polos monfortinos".

Desde o goberno local sempre se aposta para esta tarefa por persoas vinculadas a Monforte. Nos últimos anos os pregoeiros foron Julia Otero, José Manuel Parada, Fiorella Faltoyano ou Dani de la Torre. Nesta ocasión confiouse en Lucía Pérez porque "anque non é monfortina si a sentimos moi próxima", concluíu Tomé.

Lucía Pérez será a pregoeira das festas de Monforte
comentarios